Os mais de 350 socios da cooperativa Erica Mel son produtores dos mellores meles do noso país. Ao mesmo tempo colaboran na comercialización dos produtos da cooperativa completando deste xeito un proxecto e unha rede social moi importante para o desenvolvemento da nosa apicultura.

II FORO APÍCOLA, 30 aniversario de AGA e 20 aniversario de Erica Mel

Venda de mel nas Feiras que se celebran na nosa Comunidade todos os anos.

Entre elas: Oleiros, Ortigueira, Lugo, Porto do Son, As Pontes, Ferrolterra, Arzúa... e mercados locais

Demostración de desoperculando nunhas Xornadas abertas ao público.