A cooperativa Erica Mel comercializa mel multifloral, meles monoflorales e outros produtos apícolas.

MEL DE PRODUCIÓN ECOLÓXICA

Son meles das montañas de Galicia colleitados por apicultores sometidos á regulamentación da produción ecolóxica e certificada.

Mel escuro de aroma e sabor intenso, con predominio de flores silvestres de monte, e que suma ós controis de calidade habituais á certificación do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia.

MEL CON XELEA REAL

A xelea real é o único alimento que consome a abella mestra da colmea; é rica en aminoácidos, vitaminas e outros micronutrientes, e a forma ideal de consumila é mesturada con mel.

Extraordinario estimulante biolóxico-enerxético das diferentes funcións orgánicas.

MEL CON PRÓPOLE

Aquí temos o mel enriquecido cos antibióticos naturais das abellas, a própole. A própole, coñecida e utilizada dende a antigüidade polas súas propiedades curativas, é elaborada polas abellas a partir de distintas segregacións de plantas.

Estamos diante dun remedio natural para fortalecer as nosas defensas inmunitarias.

MIEL BOMBÁ

A mais completa combinación dos produtos das abellas: mel con xelea real, própole e pole

A xelea real como estimulante biolóxico-enerxético, a própole como antibiótico natural e o pole como enerxizante e revitalizante, fan desta combinación unha auténtica bomba saudable e nutritiva.

MEL CON NOCES

Mestura de mel con noces.

Auténtica e saudable enerxía natural, ideal para almorzos, sobremesas e merendas.

Unha mestura cardio-saudable e lambeteira.