A sede da Cooperativa Erica Mel, xunto coa da Asociación Galega de Apicultura, está en Arzúa no Centro do Queixo e do Mel. Nestas instalacións, ademais da planta de envasado, hai unha tenda cunha ampla oferta de produtos apícolas e un espazo museográfico, no que pode salientarse a presenza dunha gran colmea, que permite observar en vivo os sorprendentes costumes das abellas.

Estetamén é o punto de encontro e de referencia tanto na formación coma na innovación apícola, posto que ao longo do ano se desenvolven aquí distintos actos e xuntanzas

Control de calidade, trazabilidade e clasificación

Os produtores de Erica Mel entregan as súas producións na cooperativa. O noso departamento de calidade realiza a toma de mostras para o control analítico, necesario para garantir a excelente calidade destes meles e a súa clasificación e finalmente envasalos como meles monoflorais, multiflorais e outros usos.

 

Envasado e etiquetado

Según a demanda de cada un destes produtos procedemos ao seu envasado artesanal para garantir a súa naturalidade que é o que máis valora o consumidor e logo etiquetámolos dacordo coa lexislación vixente.

 

Tenda

No Centro de Divulgación do Queixo e do Mel hai unha tenda de produtos apícolas elaborados en base aos traballos realizados no noso departamento de innovación.

Son, todos eles, produtos sanos e naturais producidos polas abellas a partires das flores de plantas silvestres que abundan en toda Galicia e que os abelleiros asociados a Erica Mel recollen con moito esmero e sabedoría para disfrute daqueles que coidan a súa alimentación.

 

Biblioteca

Na sala da biblioteca podemos consultar unha amplia serie de publicacións sobre o mundo das abellas e, ao mesmo tempo, podemos observar a espectacular colmea “abellas por un tubo”.

Esta sala serve para a realización de distintos obradoiros e divulgación das abellas como motor da biodiversidade e sentinelas do medioambiente.

 

Catas e degustacións

Contamos cunha sala onde gustosamente atendemos a distintos grupos e colectivos que previamente solicitan unha sesión de cata e degustación dos nosos produtos.